luns, 13 de xaneiro de 2014

Outros nadais

Este ano tivemos a oportunidade de ter connosco uns invitados moi especiais!!!!! Pais e nais dos nosos alumn@s explicáronnos dunha maneira moi divertida como eran as navidades en diferentes países. Mil grazas a todos e todas eles, agardamos repetir!!!!.
Aquí tedes un vídeo que fixo a profe Eva onde podedes ver como foi a nosa experiencia.



http://www.youtube.com/watch?v=KzZUcmFMx3c

sábado, 11 de xaneiro de 2014

Actividades 1º trimestre

Aquí tedes fotos das actividades realizadas no primeiro trimestre polos alumnos de Infantil, agardamos que vos gusten!!!!





Samaín











As mestras contándonos historias que daban un pouquiño de medo!!!


















PROTOCOLO

PROTOCOLO DE ACTUACIÓNS:
Ou como usuarios ben formados fan un bo uso da biblioteca



PROXECTO DE FORMACIÓN 2013 – 2014

PROTOCOLO DE USUARIOS da BIBLIOTECA ESCOLAR
  1. NORMAS COMÚNS DE USO QUE TÓDOLOS USUARIOS DEBEMO

  2. RESPECTAR
  1. PROFESORADO
  2. ALUMNADO
  3. FAMILIAS



1. NORMAS COMÚNS QUE TÓDOLOS USUARIOS DEBEMOS RESPECTAR

Para estar na biblioteca TODOS temos que cumprir estas 5 normas:

  1. Non molestamos aos demáis.
Se temos que falar só podemos facelo “con voz de biblioteca”.

  1. Andamos amodiño.

  1. Coidamos todo o que hai:
. O mobiliario, os libros, os equipos informáticos, os bonecos de peluxe…

  1. Entramos sen comida, sen bebida e sen mochila.
Deixamos nos percheiros da entrada a equipaxe ben colocada.
. Non comemos nin bebemos dentro.

  1. Deixamos todo ordenado antes de sair.
. Recollemos sempre 5 minutos antes para que nos dea tempo.
. Deixamos a mesa e o chan limpos.
. Non deixamos cousas esquecidas : a biblioteca non pode gardar todo o
que nos vai quedando atrás.


Mentres estamos na biblioteca e no momento de entrar ou saír, temos que acordarnos de que dentro da biblioteca pode haber alumnos na sala de audiovisuais, que moi próximas están as aulas de 1ª ciclo e de AL, e que precisan tanto como a propia biblioteca do noso silencio para poder desenvolver as súas actividades.

Se nalgún momento atopámonos con calquera cuestión que consideramos que o equipo de biblioteca debe coñecer, podemos e debemos reflectila na AXENDA DIARIA que está sempre enriba da mesa, para que éste lle busque solución.

Tamén poderemos facer peticións para mercar en calquera formato: libros, cd, ....

Se non respectamos as normas, o profesorado responsable ou os axudantes informaránnos
e avisarannos pero se a pesares disto non cambiamos de conducta, deixaránno escrito na AXENDA. No caso de superar tres anotacións, o equipo poderá excluirnos do uso da mesma.


QUE PODEMOS FACER NA BIBLIOTECA?

De outubro a maio, podemos ler, utilizar os ordenadores, xogar cos xogos de mesa, facer deberes, debuxar co material que levemos, estudar, preparar as clases, buscar información, consultar, buscar libros para os fillos e fillas... Calquera actividade que nos plantexemos…sempre que non moleste aos demais usuarios.

No mes de xuño e setembro a Biblioteca está pechada e non funciona o servizo de préstamo para que o equipo de biblioteca realice tarefas de organización. Só está aberta no mes de xuño a Sala de Audiovisuais tanto de mañá coma de tarde para o alumnado.

. Na porta de acceso á biblioteca tódolos usuarios teñen á súa disposición o horario da biblioteca, o horario dos turnos de axudantes e o nome dos mestres que forman o equipo de biblioteca, xunto á función que realizan.


LER/ ESTUDAR/ CONSULTAR/ PREPARAR CLASES

Podemos elixir o libro que desexemos ver ou levar en préstamo e collelo dos estantes:

. Se sabemos devolvelo ao seu sitio, podemos colocalo e así colaborar para manter entre todos a biblioteca ordenada

Se non sabemos, pedimos axuda ou deixámolo no carriño dos libros para devolver.

Calquera destas opcións é válida, pero …

. NUNCA debemos deixar os libros nos estantes se non se sabemos cal é o seu.
. NUNCA debemos deixalos no seu estante mal colocados : dados a volta, ao revés...

NUNCA debemos sacar materiais FÓRA DA BIBLIOTECA sen deixalos anotados no MEIGA ou na AXENDA.... ¡POR POUCO TEMPO QUE SEXA!

SE ATOPAMOS LIBROS ESTROPEADOS…

Se vemos un libro estropeado na biblioteca ou na casa, non o arranxamos: o equipo encargarase das reparacións. Deixámolo na portiña do armario que pon “REPARAR”

- Se perdemos un libro ou se o estropeamos dun xeito irreparable, anotaranse os datos do libro e do usuario na AXENDA. Un mestre do equipo da biblio enviará unha notificación á familia para que merque un novo exemplar ou abone o custo da súa compra.


SE ELIXIMOS UTILIZAR OS ORDENADORES:


O profesorado e axudantes regularán o seu uso para que todos poidamos ter acceso a eles e non por ser os primeiros en chegar.

Non podemos facer cambios de configuración nin manipular ningún compoñente eléctrico. Se precisamos algo, deixamos a petición na AXENDA.

. Antes de sair, temos que deixar a pantalla en escritorio.

SE ELIXIMOS UN XOGO DE MESA:

. Temos que xogar sen facer ruido coas fichas para non molestar aos demáis.

Ao rematar debemos deixar os xogos ben recollidos e no seu sitio. No caso de
atopar algunha peza perdida, deixarémola na caixiña que hai para tal fin.


SE ELIXIMOS DEBUXAR, ESCRIBIR, ETC...

. Debemos traer o noso propio material ou ben da casa ou ben da aula.

. As cousas olvidadas gárdanse por un curso nunha caixa. A finais de curso, se non
nos preocupamos de recuperalas, a biblioteca aproveitará as que lle sirvan e
desfarase do resto.


SE UTILIZAMOS A SALA DE AUDIOVISUAIS...

Ten que estar sempre un mestre ou de selo caso, supervisar o seu uso.

. As normas a respectar serán as propias para calquera proxección pública, se non
indica o contrario o profesorado: sen levantarse, sen falar, ...

Reservaremos a sesión previamente no calendario mensual que está na porta da
entrada á sala.

Dentro, deixaremos sempre libre o corredor reservado ao espazo de proxección e
as cadeiras colocadas correctamente.

. Nesta sala tamén almacénanse todo tipo de materiais, polo que non debemos coller
ningún sen deixalo comunicado na AXENDA.

2. PROFESORADO

SE ES MESTRE OU MESTRA….

Na biblioteca escolar tes á túa disposición o centro de recursos no que apoiarte na túa práctica docente.

No equipo de biblioteca atoparás interlocutores para recoller por igual tanto as túas aportacións como as demandas e sempre será ben recibida calquera tipo de colaboración que queiras prestar para mellorar a biblioteca.

- Podes facer uso persoal da biblioteca ao longo de todo o horario de apertura, respectando en todo caso a prioridade que poidan ter outros usuarios no horario establecido na PXA. Calquera cambio ou interrupción dese horario, deberás consensualo cos usuarios que o teñan adxudicado e, de ser permanente, comunicarllo á persoa responsable da biblioteca.

- Podes utilizar tódolos materiais que hai na biblioteca a disposición dos usuarios, pero nunca debes sacalos fóra dela sen antes deixar constancia delo no programa meiga ou na AXENDA DIARIA DE INCIDENCIAS.

- Tódolos materiais que leves en préstamo, deben ser devoltos correctamente ao seu lugar. Se tes dúbidas ou non recordas o seu sitio, déixaos no carriño das devolucións.

- Non podes coller, cambiar de sitio nin utilizar os materiais que están pendentes de catalogación (armariños con portas que din: catalogar, informatizar) do armario do equipo de biblioteca sen antes comentalo coas persoas que catalogan ou, no seu defecto, con algún membro do equipo.

- Debes coñecer tamén o protocolo de alumnos usuarios da biblioteca para ensinarlles a utilizala, tanto se es titor ou especialista.

- Na primeira sesión de biblioteca acompañarás ao teu grupo de alumnos para realizar a primeira actividade de formación de usuarios: un mestre do equipo da biblioteca explicará e/ou recordará con vós as normas básicas de utilización da biblioteca, indicará onde podedes localizar os diferentes materiais: libros, xogos… A continuación faredes entre todos unha actividade sinxela a modo de xogo, adaptada á idade dos alumnos. Para finalizar, lles entregaredes a cada neno o carnet de lector e/ou un marcapáxinas de Robiño.

No resto do curso serás ti o encargado de facer cumprir as normas polo que é indispensable que as coñezas e as fagas respectar: na mesa da biblio estará sempre a AXENDA diaria, na que consignarás calquera incidencia, dúbida, ... que consideres debe ser coñecida polo equipo.

- Durante o tempo que teñas asignado un grupo..., tanto se es titor coma especialista, eres responsable da correcta utilización da biblioteca.

- Se por calquera razón non podes realizar o empréstito no programa meiga, podes facelo manualmente: ben nun modelo para fotocopiar que atoparás no mesmo Listado de Alumnos, ben na pantalla do escritorio para imprimir.

Remata sempre cinco minutos antes para comprobar que todo (libros, pantallas, cadeiras….) queden correctamente ordenados.


SE VAS Á BIBLIOTECA cun grupo de alumnos POLA MAÑÁ e …

es o seu titor e tes unha sesión semanal asignada:

Tódolos espazos (excepto a sala de audiovisuais se non reservaches previamente) están reservados para o ti e o teu grupo durante ese tempo, polo que tes prioridade sobre tódolos demáis usuarios.
. Na segunda sesión do curso convén que lles expliques ao teu alumnado como ten que facer para realizar o préstamo. Convén facer recordatorios ao longo do curso das normas de uso da biblio, as seccións e distribución de espazos.

estás sustituíndo ao titor/a na sesión semanal asignada:
Podes dispoñer do espazo nas mesmas condicións.
. Se non tes instruccións concretas do titor, cando menos, deberás baixar co grupo para
facer o empréstito e que poidan ler outra semana máis na casa.
. Co resto do tempo da sesión poderás facer o que consideres convinte.

es mestre/a-especialista ou mestre fóra da túa sesión semanal asignada:
. Se necesitas estar na biblioteca cun grupo...., debes falar previamente co usuario prioritario da sesión que precisas e acordar con el o uso da mesma e as condicións

. SE VAS Á BIBLIOTECA NO RECREO…

Podes encontrar alumnado, sentado ou de pé no punto de merenda que hai baixo as escaleiras, esperando para poder entrar á biblioteca, pero nunca xogando e molestando.

. O profesorado ou vixiantes de biblioteca poden enviar ao patio ó alumnado que non cumpra esta condición.

Na porta de entrada á biblioteca hai un horario cos quendas dos axudantes.

. Os axudantes levan un distintivo para que os seus compañeiros e compañeiras os recoñezan con facilidade, tanto para solicitarlles axuda como para respectar os seus avisos.

Estarán tres axudantes facendo tarefas (colocando libros, reparando, colaborando en actividades) e mesmo axudando a cumprir as cinco normas principais.

. Calquera usuario da biblioteca durante o tempo do recreo pode falar pero únicamente se o fai “con voz de biblioteca”.

. Os axudantes non poden ler, nin xogar, nin rifar cos compañeiros. Só poden axudar, informar, explicar, recordar normas…Cando algún usuario non respecta as normas, a primeira vez, informan ; a segunda, recordan pero a terceira vez Invitan a marchar da biblioteca a quen non sexa respectuoso informando ao profesorado responsable e deixando constancia na AXENDA.

. Todo o alumnado poden entrar na biblioteca cando queira e tamén saír, pero non pasar o recreo entrando e saíndo.

O alumnado, na biblioteca durante o recreo, pode ler, utilizar os ordenadores, xogar cos xogos de mesa, facer deberes, estudar, debuxar co material que traia…. Calquera actividade que non moleste aos demais.

  • SE VAS Á BIBLIOTECA POLAS TARDES…

. Se é luns, mércores, xoves ou venres terás que ser moi puntual: ás 16:15, xa que as coidadoras do comedor marchan a esa hora. Estas entregaranche ó alumnado que ven do comedor e o resto de monitores das diferentes actividades faranse cargo do alumnado correspondente. No caso de retraso irán a biblio e comentarás a incidencia na AXENDA.

. Recorda que non teñen hora fixa de entrada pero si de saída: ás 18:15, a non ser que veña algún adulto buscalo anticipadamente o cal farás constalo no libro de rexistro. O adulto ten a obriga de informar cando leva a algún neno ou nena.

. Existen dous libros:

  • LIBRO DE REXISTRO no que deberás apuntalos escribindo nome, curso e hora de
chegada e saída.

. Ten en conta que varios deles que están apuntados ás actividades da tarde,
marcharán enseguida: pregúntalles antes de rexistralos.

. Poden entrar o estuche, libros e libretas, nunca bebida nin comida, nin mochilas.

. O alumnado de E. Infantil, só poderá estar na biblioteca se lle acompaña un
familiar adulto. Se houbera que facer unha excepción ten que ser co permiso da
dirección do centro. Neste caso estaría recollida na primeira folla do Libro de
Rexistro.

  • AXENDA DIARIA

. Se algún neno ou nena de E. infantil queda na biblioteca, debes acollelo e prestarlle unha atención especial. Deixa a incidencia recollida no día correspondente da AXENDA:
O equipo valorará o número de reincidencias e informará do caso á Dirección.

. No caso de que un neno ou nena desatendan o requerimento de respecto ás
Normas, tomarase nota na AXENDA. No caso de acumular tres faltas poderá ser
excluído do desfrute da biblio.

  • PRÉSTAMO

Durante a estancia das tardes, por regra xeral, non podes facer servizo de préstamo
aos alumnos oficiais, pero si aos ex-alumnos e familias.

. Para que poidan levar préstamos, tes primeiro que pedirlle os seus datos e
escribilos no caderniño de novos usuarios, indicando o parentesco co alumno.

. Posteriormente a persoa responsable lle adxudicará nº de lector e preparará o
Carnet. Se deixa elixido o libro que quere levar, envíaselle polo fillo/filla ou deixa
indicada a tarde que vén para terlle o préstamo preparado.

3. ALUMNADO


SE TI ES UN ALUMNO OU ALUMNA…

Podes ir á biblioteca escolar, de outubro a maio, tanto no horario de mañá coma de tarde.


SE VAS Á BIBLIOTECA POLA MAÑÁ…

Na primeira sesión de biblioteca asistirás co teu curso e co teu titor a unha sesión cun membro do equipo da biblioteca para coñecer e/ou recordar as normas básicas de uso e como localizar os materiais: libros, xogos… E recibirás unha guía de usuarios.

Na segunda sesión de biblioteca o teu titor explicarache como tes que facer para utilizar o servizo de empréstito.

. Podes usar a biblioteca e os seus espazos a calquera hora da mañá de luns a venres sempre
que esteas con algún mestre ou mestra.

. Tes unha sesión semanal coa túa titoría... para utilizar o servizo de préstamo e realizar as
actividades que consideres oportunas sempre que:

. llo consultes ao mestre e teñas o seu permiso
. cumpras a primeira norma de uso: non molestar aos demais usuarios

SE VAS NO RECREO….

. Podes ir tódolos recreos que queiras á biblioteca, excepto que estea chovendo: neste caso
cada curso ten que estar na súa aula.

. Antes de entrar tes que merendar. Podes facelo no patio e logo entrar informando ao
profesorado da porta ou no punto de merenda que está debaixo da escaleira, pero nunca
no corredor da entrada da biblioteca.

. No punto de merenda non podes xogar, para iso está o patio. Calquera mestre/mestra ou
vixiante de biblioteca pode enviarte ao patio se non cumpres esta condición.

. Podes entrar na biblioteca cando queiras e tamén saír, pero non debes pasar o recreo
entrando e saíndo.

- Neste tempo haberá un grupo de “axudantes de biblioteca” ao que poderás solicitar
axuda para localizar algún libro,... tamén realizan tarefas de vixiancia do cumprimento
das normas . Os axudantes levan un distintivo para que os recoñezas con facilidade.
Se nalgún momento durante o recreo non respectas estas normas, a primeira
vez, un axudante de biblioteca che explicará como tes que facer; a segunda vez ,
recordaracho, pero a terceira vez invitarache sair da biblioteca por non ser
respectuoso e pedirache o nome e o curso para anotar o que pasou na AXENDA da
biblioteca. Se non obedeces, e nese momento non está ningún mestre, quedaraste na
biblioteca, pero cando a incidencia sexa lida na Axenda, o Equipo de Biblioteca
comunicarache a decisión que tome.

SE QUERES SER AXUDANTE DE BIBLIOTECA…

  • Apúntate a comezo de curso, no prazo que se anuncia, sabendo que unha vez
aceptada a túa solicitude, non podes darte de baixa ata que remate o curso.

  • Pide o impreso de solicitude, cúbreo, fírmao e entrégallo á responsable da biblio.

  • Uns días despois a responsable da biblio proporcionarache a formación que precisas para ser axudante.

  • Na porta de entrada á biblioteca sempre hai un horario actualizado cos turnos de recreo dos axudantes por se perdes o teu ou hai algún cambio.

  • Levarás un distintivo para que os teus compañeiros te recoñezan con facilidade, tanto para solicitarche axuda como para respectar os teus avisos.

  • Estaredes sempre tres axudantes facendo tarefas (colocando libros, reparando, colaborando en actividades) e mesmo axudando a cumprir as cinco normas principais.
  • Cando esteas de axudante non podes ler, nin xogar nin rifar cos compañeiros.
Só podes axudar, informar, explicar, recordar normas….

  • Se alguén non as cumpre, non te enfades nin discutas:
1º explicas como hai que facer,
2º volves recordar o que explicaches
3º pides por favor, que abandone a biblioteca
4º se non obedece pídelle o nome e o curso e escribes un
comentario no día que corresponda da AXENDA e ao
final fírmao:
Será algún membro do Equipo de Biblioteca quen tome as medidas oportunas.


SE VAS Á BIBLIOTECA POLAS TARDES…

Poderás estar nela as tardes dos luns, mércores, xoves e venres dende as 16:15 ata
as 18:15, dende o mes de outubro ata o mes de xuño, sen que teñas unha hora fixa para
entrar. Para saír ten que vir buscarte algún adulto.

Durante o mes de xuño, só poderás estar na Sá de Audiovisuais

. Os nenos de E. Infantil, só poderán quedar se lles acompaña un familiar adulto.

Cando entres, achégate onda o profesorado de turno para que che apunte no Libro de
Rexistro os teus datos e a túa hora de entrada e saída.

. Non podes levar libros en préstamo.

. Tes que cumprir as normas que rexen o uso da Biblioteca, xa que en caso contrario, o
profesorado responsable reflectirao na AXENDA diaria, e se acumulas tres anotacións, o
Equipo de Biblioteca tomará unha decisión da que informará tamén á túa familia.

  1. FAMILIAS

AS FAMILIAS FOMENTAN A LECTURA E O USO DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Acudindo co teu fillo ou filla a este servicio

Colaborando coa escola: coñecendo as normas e axudando a cumprilas.

. Amosando interese polo que len os fillos.

. Léndolles libros ou escoitando o que len os nenos.

. Ensinándolles a coidar os libros que levan en préstamo para casa.

. Axudándolles a facerse responsables dos mesmos:

- Aprendéndolles a utilizar o horario para saber cando teñen que devolvelo.

- Aprendendo que os libros estropeados se arranxan na escola.

. Poderás facer algunha petición para ampliar os fondos da biblioteca no formato que che pareza interesante (libros, dvd,...). Así axudarasnos a mellorar.

A NOSA BIBLIOTECA ESTÁ ABERTA ÁS FAMILIAS


A nosa biblioteca está aberta a tódalas familias tódalas tardes de outubro a maio
dende as 16:15 ata as 18:15, excepto as do martes.

Tamén está aberta para o alumnado de E.Infantil sempre que veña acompañado
por un adulto.

Está atendida por un mestre ou mestra do colexio, responsable do bo uso da mesma, que vos axudará no que precisedes.

Para que o equipo de biblioteca poida realizar tarefas de organización, no mes de xuño e setembro, a biblioteca estará pechada ás familias e non funcionará o servizo de préstamo,
Só estará aberta no mes de xuño a sá de audiovisuais para o alumnado, tanto de mañá coma de tarde .

Na biblioteca podedes ler, escribir, conectarvos a internet, xogar cos xogos de mesa, escoitar música, ver películas, buscar información, realizar consultas, compartir lecturas cos fillos, fillas, irmás...

Familia e antigo alumnado podede utilizar o servizo de préstamo de outubro a maio tódalas tardes dos luns, mércores, xoves e venres .

Para utilizar o préstamo hai que, previamente, darlle os datos necesarios ao profesorado que está de turno calquera das tardes de biblioteca.

Todo o alumnado ao chegar danlle os seus datos ao mestre para que os anote no Libro de Rexistro de Asistencia á Biblioteca Escolar en Sesión de Tarde, e fai constar nel a hora de entrada e de saída, para asegurar a tranquilidade da familia e o control do colexio.


Cando os nenos fan os deberes na biblioteca en lugar da súa casa, o profesorado de turno pode orientar e mesmo prestar unha axuda puntual, pero a súa función de bibliotecario non permite realizar tarefas de profesor particular nin tampouco suplir a responsabilidade da familia.

Os vosos fillos só poden sair pola tarde da biblioteca cando vén buscalos unha persoa adulta autorizada.

Cando veñas buscar ao teu neno ou nena, recorda que entras nunha biblioteca: faino en silencio, diríxete cun saúdo ao mestre-bibliotecario de turno e infórmalle dos nenos que vés recoller. O adulto ten a obriga de informar cando leva ó neno ou nena.Nunca os leves sen comunicalo.


Tódolos usuarios da biblioteca deben coñecer e cumprir as 5 normas:

  1. Non molestamos aos demáis.
Se temos que falar só podemos facelo “con voz de biblioteca”.
  1. Andamos amodiño.
  1. Coidamos todo o que hai:
. O mobiliario, os libros, os equipos informáticos, os bonecos de peluxe…

4. Entramos sen comida, sen bebida e sen mochila.
Deixamos nos percheiros da entrada a equipaxe ben colocada.
. Non comemos nin bebemos dentro.

5. Deixamos todo ordenado antes de sair.
. Recollemos sempre 5 minutos antes para que nos dea tempo.
. Deixamos a mesa e o chan limpos.
. Non deixamos cousas esquecidas : a biblioteca non pode gardar todo o
que nos vai quedando atrás.

De non ser así, o mestre tomará nota na AXENDA diaria, podendo, en caso de reiteración, que o Equipo de Biblioteca decida deixar excluído ao usuario do desfrute da biblioteca polo tempo que considere necesario.

OUTRAS RELACIÓNS


. A Biblioteca Escolar está presente no Consello Escolar a través da Comisión de
Biblioteca, que presidida pola Directora nas súas reunións trimestrais, e seguindo os
criterios establecidos polo Equipo de Biblioteca e a persoa responsable da mesma,
promove actividades e xestiona colaboracións cos sectores educativos, culturais,
sociais...da contorno do colexio.

. A Biblioteca Escolar ten representación na Comisión de Coordinación Pedagóxica.
O Xefe de Estudos coordina coa persoa responsable da biblioteca, a actividade escolar e bibliotecaria así como a información que sobre o funcionamento da biblioteca precisa calquera mestre ou mestra nova ou persoa que o sustitua que chega á escola.

A Secretaría do Centro proporciona puntualmente a información de altas e baixas de alumnado e profesorado en canto se producen, para que dende a Biblioteca se lles facilite información e acceso aos seus servizos.